Desenvolvemento dunha idea base levada ó extremo
Partindo do texto "Sueños de semilla", tiven que crear tres láminas nas que xogara coas artes plásticas en conxunto coas ideas e emocións que a min a nivel persoal, me transmitira o texto. Así pois, cheguei ó seguinte:
Depois, en base á estes elementos de creación propia, tiven que crear un taboeiro de imaxes que tiveran que ver coas dúas primeiras (xa que eran as que máis tiñan en común —o que quixen plasmar en ambas é que os soños están atrapados dentro dos corpos, e que teñen que pasar por labirintos moi complexos para poder saír e, aínda así, non vale só o esforzo, senón algún componente de dimensións non terrenais—.
O meu primeiro collage/taboeiro foi o seguinte, no que hai unha paleta de cores frías e cálidas e onde as liñas e os patróns labirínticos teñen moita presenza:
Na seguinte publicación comparto o resultado final!





Comentarios
Publicar un comentario