Merchandising para A TERRA DE OOO
Para a asignatura de Produción e Xestión I tiven que crear un negocio falso en relación ás artes escénicas, e eu creei "A terra de Ooo", un retiro nun espazo natural onde compañías teatrais, así como indivíduxs de calquera índole, puideran ir a crear, desconectar e/ou construir e traballar con elementos naturais baixo a filosofía da permacultura.
A terra de Ooo finánciase grazas ás doazóns mensuais dxs mezenas de Pátreon, onde hai cuotas de 1€, 5€ e 10€ ao mes. Tamén se ofertan servizos de creación de escenografía e vestiario por encargo, elaborados con material reciclado e/ou ecolóxico, de xeito que apenas se xera impacto medioambiental negativo. Sen esas colaboracións, o soño de contar na Galiza cun espazo cultural coma este sería imposible a pesares de procurar rexeitar sempre que se pode ás moedas capitalizadas.
Tendo en conta o anterior, anúnciase: A terra de Ooo conta xa con pezas de merchandising!
- Estes parches están feitos na Galiza polxs visitantes e colaboradorxs, baixo os principios da permacultura e en solidariedade co noso planeta.
- Pódese conseguir no espazo, pedíndoo por correo (só se traballa con empresas de paquetería sostibles), ou solicitándoo xunto con algún encargo de escenografía e/ou vestiario.
- Están feitos con materiais reciclados e/ou ecolóxicos e, a pesares de que a tea poda variar, os deseños non varían.

Comentarios
Publicar un comentario