Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

Maqueta en base a un cadro

Imaxe
           Son unha persoa con coraxe ou unha persoa suicida? Non o sei. Ó asunto é que collín este cadro de Etienne Bouhot, "Museum attic", para crear unha maqueta de escenografía destinada ao Pedra Seixa, o noso AUDITORIO —non teatro—, coas medidas a escala.               Primeiro tiven que identificar cada parte dos compoñentes do cadro e adaptalos ao hipotético espazo coa axuda dunha regla que funcionaba con medidas a escala. Logo recortei as pezas empregando diferentes materiais: cartón, restos de cartón pluma, plásticos de caixas de galletas e moita cola para pegar todo —moitas veces tiven que repetir os elementos a recortar por calcular mal as medidas—. Pintar foi o último, así como dar pequenos detalles por aquí e acolá.                          O resultado final foi o seguinte:

Merchandising para A TERRA DE OOO

Imaxe
  Para a asignatura de Produción e Xestión I tiven que crear un negocio falso en relación ás artes escénicas, e eu creei "A terra de Ooo", un retiro nun espazo natural onde compañías teatrais, así como indivíduxs de calquera índole, puideran ir a crear, desconectar e/ou construir e traballar con elementos naturais baixo a filosofía da permacultura.           A terra de Ooo finánciase grazas ás doazóns mensuais dxs mezenas de Pátreon, onde hai cuotas de 1 €, 5 € e 10 € ao mes. Tamén se ofertan servizos de creación de escenografía e vestiario por encargo, elaborados con material reciclado e/ou ecolóxico, de xeito que apenas se xera impacto medioambiental negativo. Sen esas colaboracións, o soño de contar na Galiza cun espazo cultural coma este sería imposible a pesares de procurar rexeitar sempre que se pode ás moedas capitalizadas.           Tendo en conta o anterior, anúnciase:  A terra de Ooo conta xa con pezas de...

Desenvolvemento dunha idea base levada ó extremo

Imaxe
           Partindo do texto "Sueños de semilla", tiven que crear tres láminas nas que xogara coas artes plásticas en conxunto coas ideas e emocións que a min a nivel persoal, me transmitira o texto. Así pois, cheguei ó seguinte:          Depois, en base á estes elementos de creación propia, tiven que crear un taboeiro de imaxes que tiveran que ver coas dúas primeiras (xa que eran as que máis tiñan en común —o que quixen plasmar en ambas é que os soños están atrapados dentro dos corpos, e que teñen que pasar por labirintos moi complexos para poder saír e, aínda así, non vale só o esforzo, senón algún componente de dimensións non terrenais—.          O meu primeiro collage/taboeiro foi o seguinte, no que hai unha paleta de cores frías e cálidas e onde as liñas e os patróns labirínticos teñen moita presenza: O seguinte paso foi reducilo, tendo a opción de cambiar algunhas imaxes —todas as que eu empreguei saqu...

Maqueta dun teatro

Imaxe
           Tras estudar as partes básicas que conforman un teatro, as miñas compañeiras e mais eu recibimos tres planos onde se nos presentaba o alzado, o perfil e a planta dun teatro que nos mesmas debiamos construír a escala.           Os materiais que necesitamos fororn: Cartón-pluma branco, un xogo de reglas, lápiz e goma, alfileres, cola branca e pinceis finos.          Sen incluír elementos como telóns, varas ou focos, a maqueta ficou do xeito no que se ve na simaxes de abaixo, coa esencia da estrutura dun teatro básico, cuxo proceso de construción foi doado e tranquilo —aínda que levou o seu tempo—, case sempre ó son de música do Spotify de Nerea.