Maqueta en base a un cadro
Son unha persoa con coraxe ou unha persoa suicida? Non o sei. Ó asunto é que collín este cadro de Etienne Bouhot, "Museum attic", para crear unha maqueta de escenografía destinada ao Pedra Seixa, o noso AUDITORIO —non teatro—, coas medidas a escala.
Primeiro tiven que identificar cada parte dos compoñentes do cadro e adaptalos ao hipotético espazo coa axuda dunha regla que funcionaba con medidas a escala. Logo recortei as pezas empregando diferentes materiais: cartón, restos de cartón pluma, plásticos de caixas de galletas e moita cola para pegar todo —moitas veces tiven que repetir os elementos a recortar por calcular mal as medidas—. Pintar foi o último, así como dar pequenos detalles por aquí e acolá.
O resultado final foi o seguinte:



Comentarios
Publicar un comentario